Susana Rodríguez ten un soño: revalidar o título de campioa do mundo rodeada dos seus
Susana Rodríguez ten un soño: revalidar o título de campioa do mundo rodeada dos seus
Ademais de loitar polo título mundial en Pontevedra, quere selar a súa clasificación para os Xogos Paralímpicos de París
Ten un palmarés impresionante: ouro nos Xogos paralímpicos de Toquio, tetracampioa de Europa e pentacampioa mundial. Pero Susana Rodríguez Gacio quere máis. Este sábado podería cumprir o soño de revalidar o título de campioa do mundo rodeada dos seus, en Pontevedra.
"Hai ilusión, ganas e nervios a partes iguais. Pontevedra ten un significado especial... marabilloso".
Ademais de loitar polo título mundial en Pontevedra, Susana pode selar a súa clasificación para os Xogos Paralímpicos de París.
"Teño moitas ganas de estar en París, pero quero estar en condicións".
Serían os seus terceiros Xogos pero antes quere cruzar unha última ponte para coroarse raíña do paratríatlon mundial na casa.