Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sumar descarta saír do Goberno, pero pide unha reunión urxente co PSOE

Sumar descarta saír do Goberno, pero pide unha reunión urxente co PSOE

Sánchez descarta remodelar o gabinete en profundidade como lle pediu Díaz

Pilar Alegría deixa de ser a voceira do Goberno para competir nas eleccións aragonesas

G24.gal 16/12/2025 14:45

Pilar Alegría deixa o Goberno para competir nas autonómicas. "Cando Aragón chama, non perdo un minuto", dixo na súa última conferencia de prensa tras o Consello de Ministros.

O presidente confirmou que outra muller exercerá de voceira, pero aínda non se coñece o seu nome. Diana Morant, ministra de Ciencia e líder do PSOE valenciano, descártase ela mesma porque xa ten "suficientes encargos".

Este é un dos poucos cambios que Pedro Sánchez prevé facer no seu gabinete. Os socialistas descartan a remodelación profunda que lle pediu nos últimos días Sumar.

Nunha entrevista en TVE, o ministro de Transportes, Óscar Puente declarou non entender a relación entre un caso de presunto acoso en Monforte de Lemos ou Almussafes co Goberno de España. Cre a petición de Yolanda Díaz "está fóra de lugar" e pregúntase "se inclúe os ministros de Sumar". "Non sei se tamén hai que remodelalos a eles, en fin, atópolle moi pouco sentido", dixo Puente.

A pesar da resposta do socio, Sumar descarta saír do Goberno e pediu unha reunión urxente co PSOE, ao que ve "totalmente paralizado, enredado nunha situación interna totalmente inaceptable", segundo o seu deputado Enrique Santiago.

Para o exlehendari Íñigo Urkullu, do PNV, a situación "de enrocamento persoal" en que se atopa Pedro Sánchez é "insostible".

O PP só ve unha solución, que se adianten as xerais. "Non sei que tipo de esperanza teñen en que cambie os ministros, todos sabemos en que tipo de caladoiro iría buscar Pedro Sánchez os seus próximos ministros, probablemente, algún sitio en que haxa moitos delincuentes", asegurou a súa voceira no Congreso, Ester Muñoz.

Pedro Sánchez comparecerá no Congreso pola corrupción, pero non será no que queda de ano como esixía o PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade