Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sumar aproba a súa primeira executiva sen os membros dos partidos aliados

Sumar aproba a súa primeira executiva sen os membros dos partidos aliados

Agrupa o núcleo duro de Yolanda Díaz con Ernest Urtasun, Josep Vendrell e Íñigo Errejón

Lara Hernández asume Organización e Elizabeth Duval faise cargo de Comunicación

Yolanda Díaz durante a súa intervención este sábado
G24.gal 27/04/2024 12:35 Última actualización 27/04/2024 14:48

A dirección de Sumar aproba a súa Executiva e sitúa a exdirixente de IU Lara Hernández como secretaria de Organización e a Elizabeth Duval como responsable de comunicación da formación.

Acordouse durante a reunión do Grupo Coordinador, o máximo órgano directivo do proxecto liderado por Yolanda Díaz, que concentra o seu núcleo duro.

O titular de Cultura, Ernest Urtasun, mantense como portavoz; Íñigo Errejón, como responsable de Análise política e discurso; Paula Moreno como responsable de Grupos Sectores; e Josep Vendrell como encargado de Modelo territorial e plurinacionalidade.

No caso do deputado Lánder Martínes, que desde o inicio do proxecto estivo asumindo a parcela de Organización, ocupa a partir de agora a área de Finanzas e a secretaría técnica.

O conclave serviu para ratificar a Díaz como coordinadora xeral e os 18 membros da Executiva, órgano que ten un máximo de 25, á espera da incorporación dos representantes dos partidos aliados, dado que a súa entrada se pospuxo para una fase posterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade