En liberdade todos os detidos tras os incidentes da etapa da Volta
Ana Pontón condena a actuación das forzas de seguridade
O Goberno advirte que non permitirá accións que poñan en risco a seguridade
As dúas persoas detidas na chegada da Volta a Monforte xa estan en liberdade tras declarar na comisaria. Unha delas é a concelleira do BNG en Ferreira de Pantón, Rosana Prieto. Tamén quedaron en liberdade o resto de detidos. Ana Pontón, voceira nacional da formación, apoia as mobilizacións ante, di, a pasividade da comunidade internacional e condena a actuación das forzas de seguridade.
Dende o Goberno aplauden as protestas pacíficas, pero advirten que non se tolerarán actuacións que poñan en risco a seguridade. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, evitou referirse ao acontecido onte e asegurou que o importante é pór no foco o que está a acontecer en Gaza.
Hoxe é día de descanso. O martes, a etapa percorrerá 167 km. entre Poio e Mos. Varias organizacións propalestinas xa convocaron mobilizacións