Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba o proxecto da lei do clima para lograr a neutralidade climática en 2040

A Xunta aproba o proxecto da lei do clima para lograr a neutralidade climática en 2040

A Xunta ofrecerá incentivos fiscais a empresas que reduzan a súa pegada de carbono

A lei permitirá adiantarse en dez anos á data fixada como obxectivo pola Unión Europea

Ademais, senta o marco para avanzar na demanda das competencias meteorolóxicas e o traspaso do persoal de Aemet

G24.gal 08/09/2025 11:48

O Consello da Xunta aprobou este luns o proxecto da lei do clima, co obxectivo principal de garantir que Galicia acade a neutralidade climática en 2040. Deste xeito adiantaríase en dez anos ao prazo límite fixado pola Unión Europea, como explicaba o presidente do Goberno galego Alfonso Rueda.

Rueda subliñou que as emisións netas de CO₂ baixan en Galicia a un ritmo cinco veces superior á media española e detallou algúns dos aspectos da nova lei que contribuirá a seguir avanzando. A Xunta ofrecerá incentivos fiscais a empresas que reduzan a súa pegada de carbono.

Ademais, senta o marco para avanzar na demanda das competencias meteorolóxicas. A preguntas dos medios, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez ratificou que esta nova norma, na liña do que Galicia fixo coa lei do litoral, vai no camiño de "anticiparse" e fixar un marco que se sustenta na convicción de que as competencias meteorolóxicas deben residir na comunidade.

"Aquí regulamos o que entendemos que é noso e, a partir de aí, cando estea aprobada a lei e, como é lóxico e así o avanzou o presidente no seu día, pediremos que se nos traspase o persoal relacionado con Aemet", resolveu.

Outros acordos

O Consello da Xunta deulle tamén luz verde a un investimento de preto de 16 millóns de euros para contratar o servizo de xestión enerxética e mantemento de edificios e equipos da área sanitaria da Coruña e Cee para 5 anos. 

Entre os acordos adoptados polo Goberno galego este luns destaca tamén o visto e prace a destinar 9,7 millóns de euros a 160 proxectos xestionados polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro. Teñen como obxectivo promover o desenvolvemento socioeconómico das vilas costeiras. 

Ademais, acordou renovar o convenio entre a AMTEGA e a Federación de Persoas Xordas de Galicia para manter o servizo de videointerpretación en lingua de signos nos servizos públicos autonómicos e aprobou o decreto que regula o acceso das persoas con discapacidade intelectual á Administración Xeral de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos