Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sufocan un incendio nunha casa de Ferrol que almacenaba unha morea de lixo e útiles

Sufocan un incendio nunha casa de Ferrol que almacenaba unha morea de lixo e útiles

O dono da vivenda continúa ingresado no Hospital Arquitecto Marcide

A cociña quedou calcinada e o resto da casa afectada polo fume

G24.gal 20/03/2024 14:51

O propietario da vivenda que ardeu no barrio de Esteiro estaba facendo a cea cando se orixinou o lume. "Foron dous veciños cos extintores á porta, colleu un e volveu pecharse. El dicía que o lume xa estaba controlado"; "O meu neto entrou cun extintor e dixo que aquelo metía medo", comentan dúas veciñas.

Faltaban poucos minutos para as dez da noite cando os veciños comezaron a notar que as súas vivendas se enchían de fume. "A min entroume o fume na casa e, tras comprobar que non era na miña vivenda, baixei á rúa".

Mentres, outros moradores alertaron os bombeiros. "Cando chegamos nós, a porta estaba aberta e o fume invadira xa as escaleiras. Foi complicado chegar ata o lume e sufocalo porque había moito lixo e útiles amoreados", explica Aureliano Bacelo, o xefe dos bombeiros de Ferrol.

"Isto xa se vía vir desde hai moitos anos. Levamos moito tempo denunciando o risco que supoñía esta situación"; "E menos mal que o incendio foi na cociña porque se é no salón, voa todo o edificio".

O dono da vivenda que ardeu continúa ingresado na UCI do Hospital Arquitecto Marcide.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade