Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Reino Unido convoca de urxencia o G7 o luns para tratar a variante ómicron

O Reino Unido convoca de urxencia o G7 o luns para tratar a variante ómicron

Suráfrica esixe a anulación "urxente" das restricións de viaxe que critica a OMS

A nova variante do virus avanza por Europa

G24.gal 28/11/2021 20:55 Última actualización 22:40

O presidente surafricano, nun discurso á nación, pediulles aos países que suspenderon o tráfico aéreo co seu pais que revoguen a medida para non prexudicar máis a economía. Tamén a Organización Mundial da Saúde se mostrou crítica coas restricións para viaxar ás zonas de risco e pediu apoio para os países africanos. Piden a reapertura das fronteiras.

As autoridades sanitarias dos Países Baixos seguen analizando todas as mostras recollidas no aeroporto de Ámsterdam aos 624 pasaxeiros que chegaron en dous voos procedentes de Johannesburgo e Cidade do Cabo. Sesenta e un deron positivo e, deles, 13 portan a variante ómicron, pero non descartan que haxa máis casos. Agora intentan localizar 5.000 viaxeiros para facerlles un test. O goberno mesmo puxo á súa disposición un teléfono especial para concertar a cita.

Alemaña confirma tres casos da ómicron, os mesmos que o Reino Unido e Dinamarca. O goberno británico confirmou que intentará frear a propagación da nova variante recuperando as máscaras nalgúns espazos pechados e tamén con test PCR aos viaxeiros e coa dose de reforzo da vacina. A médica surafricana que identificou esta nova variante cre que o Reino Unido entrou en pánico sen motivo porque nos casos que viu ata o momento os síntomas son moi leves. 

O presidente de Suráfrica, no seu primeiro discurso tras a identificación da variante, esixiu a anulación urxente das restricións. Cre que esta situación debería servir para que o mundo se decate de que a desigualdade no acceso ás vacinas non pode continuar.

Tamén a OMS criticou as restricións nas viaxes e pediu apoio para Sudáfrica e Botswana, aos cales agradeceu a rapidez con que informaron ao mundo da nova variante.

A presidenta da Comisión Europa Ursula von der Layen asegura que estamos nunha carreira contra o reloxo e opina que hai que gañar tempo axilizando a vacinación e reducindo os contactos.

Con todo, Von der Layen lembra que Biotentech e Pfizer se comprometeron por contrato a adaptar a vacina á nova mutación se finalmente as actuais non son efectivas con ómicron.

Europa blíndase ante o avance desta nova variante do coronavirus. O Reino Unido, onde xa hai confirmados polo menos tres casos, esixirá PCR negativa a todos os viaxeiros que cheguen ao país, tamén corentenas. E os británicos volverán usar máscara en boa parte do seu día a día no transporte e comercio.

Nova York foi o primeiro estado dos Estados Unidos en tomar medidas contra a variante aparecida no sur de África. A gobernadora Kathy Hochul declarou o estado de emerxencia. Iso permitiralle aumentar as subministracións médicas e liberar espazo nos hospitais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade