Cargando resultados...
Descartados dous casos de submisión química denunciados na Coruña
Non se puideron relacionar coa administración de substancias estupefacientes

G24.gal
10/08/2022 21:04
Última actualización 10/08/2022 21:27
A subdelegación do Goberno confirma que as denuncias presentadas na Coruña por presuntas picadas a dúas mozas, non están relacionadas coa submisión química.
A policía investigou ambos casos pero non se puideron relacionar coa administración de substancias estupefacientes.
Ata o momento, en Galicia non se rexistrou ningún caso de submisión química aínda que si se denunciaron varias picadas.