Cargando resultados...
A OTAN advirte de que Ucraína afronta un horrible inicio do inverno
Stoltenberg garante que a Alianza apoiará a Ucraína ata a vitoria sobre Putin
G24.gal
25/11/2022 14:31
A OTAN advirte de que Ucraína afronta un horrible inicio do inverno polos ataques de Rusia a infraestruturas enerxéticas e civís. O secretario xeral da Alianza cualificou de "crimes de guerra" estes ataques, e asegurou que a OTAN vai manter a axuda militar a Kíiv o tempo que sexa necesario.
Stoltenberg vai compartir esta estratexia cos ministros de Exteriores dos países membros, que se reúnen a próxima semana en Romanía. "O obxectivo agora é por suposto darlle apoio a Ucraína. Asegurar que os aliados e a OTAN lle están dando soporte militar para asegurar que o presidente Putin non vence en Ucraína, senón que Ucraína é capaz de liberar territorio".