Publicador de contidos

Publicador de contidos

Special Olympics Galicia celebra 25 anos de inclusión social a través do deporte

Special Olympics Galicia celebra 25 anos de inclusión social a través do deporte

A asociación cumpre 25 anos loitando pola inclusión dos discapacitados intelectuais

Defende o deporte como ferramenta para a saúde pero tamén para fomentar as relacións sociais

G24.gal 25/10/2025 15:04 Última actualización 25/10/2025 19:54

Centos de persoas acudiron hoxe no concello coruñés de Teo a unha celebración moi especial, a dos 25 anos de Special Olympics Galicia.

Esta entidade agrupa familias e profesionais que promocionan a inserción social das persoas con discapacidade intelectual pero empregando unha ferramenta especial como o deporte dende a súa faciana non competitiva, senón como catalizador de relacións sociais e como benefactor de saúde.

No acto, no que participaron, ademais das 40 entidades que forman parte da asociación, representantes institucionais da Xunta, concellos, deputacións e universidades colaboradoras, salientouse o papel do deporte como ferramenta de empoderamento e inclusión social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade