Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sorteada a fase final da Copa, da que Obradoiro e Breogán quedaron ás portas

Sorteada a fase final da Copa, da que Obradoiro e Breogán quedaron ás portas

Real Madrid e Barcelona veríanse na semifinal

Guerrero, do Obradoiro, protagonizou a segunda mellor xogada da xornada, e Happ foi considerado o MVP

G24.gal 23/01/2023 21:14

Xa temos os emparellamentos de cuartos da Copa do Rei. Non habería final Barcelona-Real Madrid. Porque o clásico podería darse nunha semifinal se Madrid e Barcelona superan a Valencia e Málaga respectivamente.  Os outros duelos de cuartos son o Tenerife-Gran Canaria e o anfitrión Joventut co Baskonia. A Copa celébrase en Badalona do xoves 16 de febreiro ata o domingo 19.

Catro horas estivo Monbus Obradoiro clasificado para a Copa do Rei. Con mates como o de Guerrero, segunda mellor xogada da xornada ACB, os de Moncho Fernández conseguiron gañar a Baskonia. O triunfo non foi suficiente para lograr o soño da Copa, pero deixa o Obra con nove vitorias, as que lle permiten igualar a súa mellor primeira volta na máxima categoría.

O Breogán tampouco gañou ante o Real Madrid pero o seu pivote Ethan Happ levou o premio como MVP da xornada. Vinte e un puntos e 19 rebotes para unha valoración total de 37 amosan os espectaculares números de Happ. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade