Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soben os ingresos por covid nas UCI galegas, pero coas hospitalizacións estabilizadas

Soben os ingresos por covid nas UCI galegas, pero coas hospitalizacións estabilizadas

Hai en total 745 pacientes ingresados nos hospitais galegos, dos cales 26 están na UCI, cinco máis que na xornada anterior

G24.gal 03/05/2022 11:30 Última actualización 03/05/2022 11:51

Os pacientes totais ingresados por covid-19 nos hospitais galegos mantéñense nos 745, a mesma cifra ca na xornada anterior. Non obstante, hai cinco persoas máis que pasaron ás unidades de coidados intensivos (UCI), onde nestes momentos hai 26 persoas con coronavirus.

Comparando a evolución cos datos de hai unha semana, observase un incremento da presión hospitalaria, xa que o martes pasado se informaba dun total de 697 ingresados, dos que 21 estaban na UCI.

Os casos activos de covid-19 volveron descender e sitúanse en 16.206, que supoñen 375 menos dos que a Consellería de Sanidade notificaba o luns. Segundo os datos actualizados este martes polo Sergas, con rexistros ata as 18:00 horas do luns, 15.461 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios.

As vítimas da pandemia pola covid-19 en Galicia ascenden a 3.353, despois de notificar a Consellería de Sanidade este martes outros oito falecementos de pacientes, todos eles con patoloxías previas, rexistrados en varios días pasados.  

Pola súa banda, 589.578 persoas superaron a infección do coronavirus desde o inicio desta crise sanitaria, despois de recibir a alta outras 1.778 na última xornada na comunidade galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade