Só a metade dos españois toman a diario a cantidadade recomendada de froita e verdura
Nutricionistas e endócrinos alertan do risco que supón unha mala alimentación
Un estudo presentado este xoves conclúe que a maioría dos entrevistados coñece os beneficios do consumo de cinco pezas de froita e verdura diariamente. Pero o 50 % non o fai por motivos como o prezo ou os problemas de loxística.
Nutricionistas e endócrinos alertan do risco que supón unha mala alimentación, e apelan a estudos internacionais sobre a súa incidencia directa en enfermidades.
"A alimentación posiciónase como o principal factor de risco de enfermidades non transmisibles, entre elas o cancro. Once millóns de mortos por unha mala alimentación, e deses once, dous millóns foron no ano 17 polo baixo consumo de froitas e verduras", advirte Emilia Gómez, bióloga experta en nutrición.