A alta taxa de vacinación fai que a repunta da covid en España sexa menor ca na contorna
Hai dúas comunidades cunha incidencia superior a 100
Os inmunólogos apuntan a novas medidas preventivas para que non empeore a situación
España encara o inverno nunha situación privilexiada en comparación co resto de Europa grazas á alta taxa de vacinación, que roza o 90 % da poboación diana.
Os expertos coinciden en que o risco é baixo, pero piden estar vixiantes despois de varios días seguidos empeorando os datos.
O País Vasco, Navarra e as Baleares son as comunidades cun maior avance dos casos, duplicando a media estatal.
Os inmunólogos apostan por novas medidas preventivas enfocadas aos adultos sen vacinar, a maioría entre 20 e 40 anos.
E lembran que a inmunidade de grupo non existe con este virus, no que aparecen novas variantes cada vez máis contaxiosas.