Cargando resultados...
Siniestro Total despídese dos escenarios tras corenta anos de carreira
Siniestro Total despídese dos escenarios tras corenta anos de carreira
Este sábado volven actuar en Madrid ante 16.000 persoas
G24.gal
07/05/2022 12:14
Corenta anos de carreira chegan á súa fin. Siniestro Total despídese esta fin de semana dos escenarios cun concerto dobre en Madrid. Un adeus que comezou onte á noite e que vai continuar este sábado no Wizink Center.
Non faltaron á cita exmembros da banda viguesa, entre eles, Miguel Costas, que abandonou Siniestro Total en 1994 tras poñerlle voz á súa produción máis significativa. Tamén estiveron Segundo Grandío e Alberto Torrado.
O concerto, que durou dúas horas e media, repetirase esta noite ante un público, seguramente igual de entregado, que esgotou as entradas nunha semana.