Sindicatos e Podemos rexeitan ampliar o período de cálculo das pensións
CC. OO. e UXT aseguran que o asunto non está na mesa de diálogo social
A ministra Ione Belarra di que UP nunca aceptará un recorte das pensións
Os sindicatos CCOO e UXT aseguran que non van negociar co Goberno ningunha ampliación do período de cálculo das pensións.
"Nin está nin se lle espera, non está na axenda do diálogo social, nin agora nin despois", declaraba ante a prensa o secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, que cualificaba o debate aberto de "culebrón de outono".
"Unidas Podemos non vai aceptar ningún recorte de pensións, nin presentes nin futuras", asegurou.
O asunto xa abrira unha fenda hai un ano dentro da coalición, cando se filtrara un borrador do Ministerio de Seguridade Social en que recollía esa suba aos 35 anos. Hoxe, Unidas Podemos volveu rexeitar a medida.
A líder do partido e ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, asegurou que a formación morada "non vai aceptar ningún recorte de pensións, nin presentes nin futuras". Nega, ademais, que esta ampliación sexa unha esixencia de Bruxelas.