Sindicatos agrarios e Xunta piden unha reunión urxente co ministerio ante o recorte de fondos da PAC
Sindicatos agrarios e Xunta piden unha reunión urxente co ministerio ante o recorte de fondos da PAC
Europa recorta en máis dun 20% as axudas para a Política Agraria Común
Galicia busca crear unha fronte con outras comunidades e apelan tamén aos consumidores
Fronte común dos sindicatos agrarios e a Xunta contra o recorte de fondos previsto na PAC a partir de 2028.
Van crear un grupo de traballo para defender o sector.
Din que está en xogo unha forma de vida. E piden unha reunión urxente co ministerio.
A proposta da Comisión Europea sobre a nova PAC conseguiu unir todos os sindicatos e a Xunta para facerlle fronte. Recorta os fondos máis dun 20%, 80 millóns anuais. E ademais desaparece o segundo piar, dedicado ao desenvolvemento rural.
Dende Galicia buscarán ampliar esa fronte común a outras comunidades e apelan tamén aos consumidores.
En setembro comezará a funcionar un grupo de traballo específico na busca de máis fondos para Galicia.
E queren explicarlle esa posición común ao Goberno central. Por iso a Xunta e outras oito comunidades solicitaron unha conferencia sectorial.
Os sindicatos tamén lembran que a proposta da Comisión non sairá adiante sen o voto a favor da maioría do Parlamento Europeo, que suman PP e PSOE. E pídenlles coherencia para que os recortes decaian.