Publicador de contidos

Publicador de contidos

Silleda non puido celebrar mercado do gando pola folga do transporte

Silleda non puido celebrar mercado do gando pola folga do transporte

A Central Agropecuaria de Galicia no puido celebrar a poxa porque non había gando

Mañá mércores celébrase o de Amio, aínda que todo apunta a que pasará o mesmo

G24.gal 15/03/2022 18:04

O paro aféctalle ao sector gandeiro. Hoxe en Silleda non se puido celebrar o tradicional mercado de gando dos martes.

A Central Agropecuaria de Galicia abriu as súas portas en Silleda, pero a poxa non se puido celebrar porque non había gando.

Dende a organización tiñan constancia de que algún transportista ía secundar a folga, pero non sabían que a ían facer os gandeiros a nivel particular. Un martes normal aquí habería un millar de cabezas de gando, hoxe acudiu aquí só unha, que ademais non ía participar na poxa.

Algo similar aconteceu onte en Asturias no mercado de Pola de Sieiro, onde soamente se congregaron oito cabezas das dúas mil que son as habituais.

Mañá mércores celébrase o de Amio e, aínda que todo apunta a que pasará o mesmo, a organización anuncia que o recinto vai permanecer aberto no seu horario habitual. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade