O Lugo sofre pero saca un punto de Anoeta e xa son 11 xornadas sen perder
Un Lugo solidario e comprometido sacou un empate de Anoeta e prolongou a súa xeira a once xornadas sen perder, a segunda mellor dun equipo da categoría nesta temporada.
Os de Albés souberon resistir a sáida fulgurante do filial donostiarra que a piques estivo de adiantarse en dous remates de Ander Martín e Karrikaburu.
Respondidos por Chris Ramos no primeiro achegamento lucense contra o marco de Zubiaurre.
Roberto Navarro deixou en evidencia a Ros nunha contra realista, pero acabou estrelando a pelota contra Whalley, cada vez máis asentado na portería.
Foi o preludio do tanto branco e vermello. Cuéllar dispara e a pelota toca nas mans de Clemente. O colexiado Trujillo Suárez sinala penalti que Manu Barreiro se encarga de transformar no cero a un.
Sexto gol do dianteiro galego na temporada, terceiro nos catro últimos partidos.
A primeira metade rematou con esta cabezada de Olasagasti contra o traveseiro.
Os de Xabi Alonso intensificaron o seu dominio na segunda metade ata que chegou o tanto nunha contra na que Alkain asiste a Karrikaburu para que marque o seu quinto gol na Liga.
O tanto premiaba o maior dominio dos realistas na segunda metade ante un Lugo que se adicou a manter a súa vantaxe.
Vinteunha veces dispararon os vascos que buscaron a vitoria ata o final.
Sen embargo, a última ocasión foi para o Lugo neste remate de Alberto Rodríguez, debutante coma titular neste partido pola sanción de Alende.
O empate final fai que o Lugo siga mantendo quince puntos de diferencia sobre un rival directo.
Minuto a minuto
Boas tardes!
O Lugo busca prolongar en Anoeta a gran xeira de 10 partidos consecutivos sen perder para certificar canto antes a permanencia e poder soñar con retos maiores.
Alberto Rodríguez (primeiro partido como titular) no sitio de Alende e Lebedenko no de Campabadal, son os únicos cambios de Rubén Albés respecto do partido contra o Burgos
|ALIÑACIÓN| 👥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) February 5, 2022
Con este 1⃣1⃣ inicia o @CDeportivoLugo o seu partido de hoxe fronte á @RealSociedad B! #RealSociedadBLugo #ForzaLugo pic.twitter.com/OPFQsnDSGB
Xa quecen os protagonistas sobre o verde de Anoeta!
Os nosos xogadores saltan a realizar exercicios de quecemento! 🔛🏋️♂️#ForzaLugo#RealSociedadBLugo pic.twitter.com/48PlFk7O1J
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) February 5, 2022
A piques de comezar o encontro!
Presencia de afeccionados albivermellos hoxe en Donostia
Comezou o partido!
Parou Whalley!
Xerando sensación de perigo o filial da Real Sociedade cada vez que pode correr. Tivo que intervir o gardamallas dos lucenses para evitar o primeiro dos locais
A piques de marcar Lobete!
No cuarto saque dende o curruncho neste inicio do partido caeulle o balón ao futbolista do filial Txuri Urdin practicamente na frontal a área pequena, pero por sorte para os de Albés o seu disparo marchou a rentes do pau dereito de Whalley
Sufrindo o Lugo nestes primeiros momentos de partido
Case marca Chris Ramos!
Aproveitou Cuéllar un erro en saída, cedeu para o gaditano e este estivo a piques de facer o primeiro tanto practicamente no primeiro achegamento lucense no partido
Moi adiantada a liña defensiva da Real B, pode xerar perigo o Lugo se é quen de conectar un bo envío ás costas
Que paradón de Óscar Whalley!
Gañoulle Navarro por potencia a Ros na carreira ás costas e o gardameta tivo que saír da súa zona de seguridade para sacar unha gran man e evitar o tanto rival
Penalti a prol do Lugo!
Disparo forte de Cuéllar dende a frontal e o colexiado sinala a pena máxima por mans de Clemente! Está o VAR revisando pero semella moi claro
GOOOOL DE MANU BARREIRO!
Marca o dianteiro do Lugo o seu sexto gol na tempada que adianta ao conxunto de Rubén Albés superada a media hora de encontro.
Con moito suspense tanto na revisión do VAR como na propia execución de Barreiro, era complicado axustalo máis. Pero o balón entrou e os albivermellos que xa están por diante no marcador
Non atopou rematador o centro de Barreiro!
Outra boa contra dun Lugo que sae con moitos efectivos en canto recupera a pelota no centro do campo. Abriu Ramos para o autor do gol lucense, pero o centro deste último non conseguiu conectar con ninguén.
Ao longueiro a Real Sociedade B!
Peiteadiña coa cabeza de Sagasti que a piques estivo de sorprender a Whalley. Só o poste evitou o empate dos de Xabi Alonso
Tempo de lecer en Anoeta!
Sufriu e moito o Lugo nos primeiros minutos. Sobre todo nunha ocasión de Lobete, o conxunto dirixido por Xabi Alonso tivo opcións dabondo para adiantarse no marcador.
Porén, resistiron os de Albés e atoparon o gol nunha xogada illada. Cuéllar aproveita un erro, recolle na frontal e conecta un disparo que bate na man de Clemente. O colexiado non o dubida e sinala o punto de penalti. Manu Barreiro colleu o balón e... o resto é historia.
Comezaron os segundos 45 minutos!
Achicando auga o Lugo nestes primeiros intres da segunda parte, mesmo guión que na primeira
Manu Barreiro defendendo en área propia!
Pedía penalti a Real Sociedade B, pero non o considerou así o colexiado. Está axexando o empate o conxunto de Xabi Alonso.
Marca a Real Sociedade B en Anoeta, empata Karrikaburu no 71' nunha fermosa xogada dos de Xabi Alonso
Debuta Pablo Clavería co Lugo!
Entraron el e Moyano por Juanpe e Cuéllar. Antes fixérano Joselu por Barreiro e Canella por Lebedenko
Testada de Alberto Rodríguez sen demasiado perigo logo dun bo centro de Ricard nunha falta lateral
Dous minutos de engadido, semella fundido fisicamente o Lugo. Confórmase co empate
A Real Sociedade B dominou durante moitos tramos do encontro. Foi mellor e tivo as mellores ocasións. O Lugo aproveitou un erro e un penalti para marchar ao descanso por diante, pero na segunda parte o guión foi o mesmo.
Ao final, os de Albés souberon sufrir para sacar un punto e sumar por undécima xornada consecutiva.