Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuéllar aproveita un erro e dálle ao Lugo tres puntos máis

Cuéllar aproveita un erro e dálle ao Lugo tres puntos máis

O futbolista boliviano aproveitou a confusión para regatear o porteiro e marcar o único tanto do partido

34 puntos suman os de Rubén Albés, sétima vitoria da temporada e décima xornada sen perder

G24.gal 29/01/2022 17:17

Minuto a minuto

17:40

Moi boas tardes!

 

O Lugo quere prolongar a boa xeira de nove xornadas sen perder e gañarlle o Burgos para seguir soñando coa promoción!

 

Catro cambios de Rubén Albés respecto a aliñación titular do encontro do pasado domingo contra o Xirona: Campabadal por Lebedenko, Juanpe por Hugo Rama, Cuéllar por Gerard e Manu Barreiro por Carrillo

 

 

17:45

Tarde solleira no Anxo Carro

 

1'

Comezou o partido!

4'

O PRIMEIRO AVISO DE RICARD!

 

Boa saída do Lugo pola esquerda con Chris Ramos, o centro deste saíu rexeitado e o lateral non o dubidou. O seu remate marchou moi cedo da portería de Herrero

13'

Fóra Campabadal!

 

Cada vez que pode correr o Lugo xera sensación de perigo. Outra boa carreira pola banda de Chris Ramos, cede Barreiro para o lateral esquerdo que conecta un disparo que marchou desviado

16'

Tívoa Manu Barreiro!

 

Que gran centro de Cuéllar, bo desmarque do dianteiro albivermello pero o seu remate petou nun defensor burgalés

25'

Paradón de Óscar Whalley!

 

Falta dende a frontal e man salvadora do gardamallas para evitar o primeiro gol rival... E outra máis! Segunda intervención consecutiva logo dunha gran xogada do conxunto burgalés

35'

QUE PARADA ACABA DE FACER HERRERO!

 

Xogadón de Señé e centro fermosísimo coa perna zurda, gran remate de Cuéllar e a intervención do gardameta do Burgos opta dende xa ao top de mellores paradas da temporada

41'

Arriba Chris Ramos!

 

Bo recorte cara dentro do gaditano, pero colocou mal o corpo e o seu disparo marchou moi lonxe da portería. Domina e semella controlado o partido a prol do Lugo máis alá deses dous sustos solventados por Whalley

DESCANSO

Mellor o Lugo nestes primeiros 45 minutos, dominador do xogo e das ocasións salvo dous achegamentos do Burgos nos que tivo que intervir Whalley.

 

A parada de Herrero a Cuéllar para os highlights da temporada, veremos que acontece na segunda parte 

46'

Comezou a segunda parte!

51'

Tocou Whalley!

 

Córner a prol do Burgos logo dun disparo fortísimo de Momo (...) ao longueiro! A xogada estaba anulada por fóra de xogo.

52'

Case marca Ricard!

 

Gran disparo coa zurda dende a frontal que marchou a rentes do pau esquerdo de Herrero, está bonito o partido!

62'

Primeiros trocos do Lugo!

 

Carrillo por Manu Barreiro e Orest Lebedenko por Campabadal

66'

Sufrindo máis o Lugo nesta segunda parte, dominando o partido o Burgos a través da posesión

68'

Arriba Señé!

 

Na xogada previa pedía man Chris Ramos nunha xogada dentro da área, pero balón golpéalle no peito ao futbolista burgalés

69'

Tentouno Cuéllar!

 

A xogada non valía por fóra de xogo do propio futbolista boliviano, pero gran pase de Juanpe e bo intento do Lugo

70'

GOOOOOL DE JAUME CUÉLLAR

 

Por diante o Lugo logo dun erro clamoroso da defensa burgalesa, que aproveitou Cuéllar para quedar só contra Herrero, regatealo con habilidade e marcar a pracer.

 

Probablemente xusto o que precisaba o extremo dos lucenses para coller confianza logo da saída de Valentín. O seu segundo tanto nesta tempada

75'

Arriba Chris Ramos!

 

Tentan aproveitar os de Rubén Albés a confianza do gol, tentouno agora o gaditano cun remate de cabeza que marchou alto

80'

O intento de Carrillo detido agora por Herrero, quere pechar o Lugo o partido mentres busca o empate o Burgos

90'

Dous minutos de engadido!

FINAL

Tres puntos máis para o Lugo! E xa van 34, un paso máis preto da salvación!

 

Cuéllar aproveitou un erro da zaga burgalesa para marcar o único tanto do partido e, porque non dicilo, facer esquecer un pouco a Gerard Valentín

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar