Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sidenor pecha un acordo con Trilantic para facerse co 29 % de Talgo

Sidenor pecha un acordo con Trilantic para facerse co 29 % de Talgo

Este principio de acordo pechouse xustamente o día en que acababa o prazo dado por Trilantic para recibir ofertas por Talgo

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 14/02/2025 16:59

O consorcio vasco liderado polo presidente de Sidenor, José Jainaga, e do que forman parte o Goberno vasco e as Fundacións Vital e Bilbao Bizkaia Kutxa, alcanzou este venres un principio de acordo co fondo Trilantic para comprar o 29,77 % no capital de Talgo.

O conselleiro vasco de Industria, Mikel Jauregui, valorará en breve nunha comparecencia en Bilbao este principio de acordo sobre o traspaso de parte do capital do fabricante español de trens, do que aínda se descoñecen os detalles finais e que, en calquera caso, ha de ser notificado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Este principio de acordo pechouse xustamente o día en que acababa o prazo dado por Trilantic para recibir ofertas por Talgo.

O acordo prodúcese despois de que o Goberno frease ao fondo publico polaco PFR, dono do fabricante de material ferroviario Pesa, que tiña intención de presentar unha opa polo cento por cento da sociedade, tal como comunicou ao mercado o pasado sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos