Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Sexto título galego de rallys para Víctor Senra
Alberto Meira gañou o Rally San Froilán e o terceiro posto de Senra válelle para revalidar o título
Víctor supera o seu pai Manuel e iguala con Germán Castrillón
                            G24.gal
                        
                            16/10/2022 10:05
                        
                        
                        
                        
                    
                    Víctor Senra segue a facer historia no campionato galego de Rallys. O piloto de Dumbría gañou o seu sexto título galego, iguala con Germán Castrillón con seis triunfos e supera a seu pai, o mítico Manuel Senra.
E iso que non gañou en grande porque foi terceiro no Rally San Froilán. A vitoria foi para Alberto Meira, o último piloto en quitarlle o título alá polo ano 2016. Un accidente cun gato no primeiro treito fíxolle perder un minuto a Senra e non llo deu recortado a un Meira que viu a grande oportunidade de facerse co triunfo.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
        .png) 
    
         
            
         
            
         
            
        