Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sétima Europa League para un histórico Sevilla

Sétima Europa League para un histórico Sevilla

Gañoulle na quenda de penaltis á Roma despois do empate nun partido eterno (1-1)

O equipo italiano fallou dous lanzamentos desde o punto fatídico

G24.gal 31/05/2023 21:55 Última actualización 01/06/2023 00:04

Foi dúbida ata última hora, pero Mourinho acabou metendo a Dybala no equipo titular e o arxentino amosouse como o factor determinante do partido. Avisou no minuto 10 e na segunda que tivo mandouna ao fondo da rede. 

O Sevilla respondeu e a piques estivo de empatar nun lanzamento de Rakitic que se estrelou contra o poste. 

A segunda parte comezou cun Sevilla sobre a porta romana, e nun centro de Navas, Mancini rematou cara á súa propia porta facendo xustiza aos méritos dos de Mendilíbar. 

A partir dese intre houbo máxima igualdade. Dous achegamentos moi claros a prol da Roma e un penalti, inicialmente pitado e logo rectificado polo VAR, sobre Ocampos. Non se moveu o marcador e o partido foi á prórroga.

Nada resolveu o tempo suplementario, en que os dous equipos se preocuparon moito máis de non perder a final que de gañala. A prórroga prolongouse durante máis de corenta minutos cun desgaste terrible para os xogadores. E tivo que decidirse na quenda de penaltis:

Sevilla: Ocampos (gol), Lamela (gol), Rakitic (gol), Montiel (gol)

Roma: Cristante (gol), Mancini (falla), Ibáñez (falla)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade