Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete seleccións renuncian ao brazalete 'One Love' por temor ás sancións deportivas da FIFA

Sete seleccións renuncian ao brazalete 'One Love' por temor ás sancións deportivas da FIFA

Os  futbolistas da selección de Irán non cantaron o himno en sinal de protesta pola situación de represión que se vive no país

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 21/11/2022 15:43 Última actualización 21/11/2022 16:11

Sete seleccións renuncian ao brazalete 'One Love' por temor ás "sancións deportivas" da FIFA aos seus capitáns. Os capitáns das seleccións de Inglaterra, Alemaña, Países Baixos, País de Gales, Bélxica, Dinamarca e Suíza non lucirán finalmente o brazalete de capitán coa mensaxe reivindicativa e inclusiva 'One Love' ('Un amor') ante o temor das sancións "deportivas" que poden recaer sobre os seus portadores.

Nun comunicado conxunto, as federacións destes combinados nacionais advertiron que o ente reitor foi "moi claro en que impoñerá sancións deportivas" se os seus capitáns.

Mentres, os futbolistas da selección de Irán non cantaron o himno do seu país en sinal de protesta pola situación de represión que se vive no país e o recente asasinato de Mahsa Amini. As protestas de xogadores e afección están dirixidas ao réxime de Irán polo asasinato de Amini, a moza de 22 anos que en setembro foi detida e maltratada pola policía por non respectar o código de vestimenta iraniana ao non levar ben posto o veo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos