Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete mil persoas festexaron na Porta do Sol de Madrid a entrada do ano

Sete mil persoas festexaron na Porta do Sol de Madrid a entrada do ano

Madrid foi a única grande cidade española que permitiu actos masivos 

A xente concentrouse no centro da Porta do Sol, sen distancia de seguridade
G24.gal 01/01/2022 13:09

A comunidade e o concello de Madrid, tal e como prometeran, autorizaron a tradicional festa de fin de ano na Porta do Sol. As autoridades permitíronlle a entrada a sete mil persoas, a unha praza con capacidade para case vin mil, coa esixencia de máscaras e a obrigatoriedade de manter a distancia de seguridade. 

O problema foi que a maior parte dos asistentes concentráronse no centro da praza, facendo imposible en moitos casos que a xente gardase a distancia de seguridade

A capital foi a única grande cidade española que permitiu actos masivos 

Madrid foi unha das oito comunidades que celebraron a entrada do ano sen restriccións, agás a prohibición das macrofestas. A capital foi a única grande cidade española que permitiu concentracións como a da Porta do Sol.

Despois dunha noite de festa, cos locais de ocio nocturno madrileños abertos e sen restricións de horarios nin de aforo, esta mañá os equipos de limpeza traballaban para deixar a Porta do Sol limpa. 

Madrid ten unha incidencia acumulada de máis de 1400 contaxios por cen mil habitantes

Segundo datos do goberno autonómico, Madrid ten unha incidencia acumulada de máis de 2.400 contaxios por cada cen mil habitantes, e nas últimas vintecatro horas controladas rexistraron máis de 21.000 contaxios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade