Cargando resultados...
Sesión de control no Parlamento Galego
O BNG preguntará a Rueda polo canon eólico
O PSdG poñerá o foco na capacidade de resposta da Xunta ante as necesidades da cidadanía
Poden seguir a sesión en G24.gal
Arquivo/Álvaro Ballesteros/Europa Press
G24.gal
11/02/2026 08:55
Ás 10:00 da mañá arrinca a sesión no Parlamento Galego coas preguntas orais ao presidente da Xunta. O líder dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro dirixirase ao presidente para analizar a efectividade da resposta que a Xunta de Galicia lles está a dar ás
necesidades das cidadás e dos cidadáns galegos.
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego Ana Pontón centrarase nos efectos provocados pola modificación das normas
de aplicación do canon eólico por parte do Goberno galego.
Poden seguir a sesión en G24.gal.