Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta pedirá xulgados para a violencia machista nas sete cidades galegas

A Xunta pedirá xulgados para a violencia machista nas sete cidades galegas

Alfonso Rueda anunciou que o Consello da Xunta elevará a petición ao Goberno central para crear un en Santiago de Compostela este mesmo ano

Ata agora só hai xulgados específicos nesta materia en Vigo e na Coruña

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Parlamento (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 08/03/2023 08:45 Última actualización 08/03/2023 13:33

O Goberno galego impulsará un plan, que analizará este xoves o Consello da Xunta, para que, de acordo coa Comisión Mixta co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), se reforce a demanda ao Executivo central de avanzar na creación de xulgados especializados en casos de violencia machista.  

O obxectivo da Xunta é avanzar ata dotar con este tipo de salas todas as cidades, dado que ata o momento só A Coruña e Vigo contan cun xulgado específico para abordar os casos de violencia sobre a muller.

O primeiro que urxirán, será o de Santiago de Compostela para este mesmo ano.  Así o anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a sesión de control deste mércores no Parlamento de Galicia.

Na sesión de control, a oposición puxo en dúbida o compromiso "feminista" nas políticas da Xunta.

En fronte, o xefe do Executivo galego rexeitou as súas leccións e afeou ao PSOE o "espectáculo lamentable" cos seus socios co gallo da reforma da lei do 'só si é si'.   Ao BNG botoulle en cara o seu voto en contra no Congreso, posicionándose, segundo o líder popular, cunha norma que "abarata" as penas dos agresores sexuais.  

Tanto Begoña Rodríguez Rumbo (que defendeu hoxe a postura do PSdeG, como a líder do BNG, Ana Pontón, levaron o foco nas políticas da Xunta e puxeron en dúbida o compromiso nas súas políticas de igualdade.

Pontón tamén lle deu en ton irónico a "benvida" a Rueda ao seu defensa dos xulgados específicos de violencia machista, á vez que aseguraba que os populares "votaron en contra" desta demanda na Cámara autonómica.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade