Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez insiste en que esgotará a lexislatura pese á petición de dimisión de Feijóo

Sánchez insiste en que esgotará a lexislatura pese á petición de dimisión de Feijóo

O líder do PP pídelle ao presidente que "non estire este lixo" e dimita": "Se o sabía todo, terá que dimitir por corrupción, e se non o sabía, por incompetencia"

Pedro Sánchez asume os seus erros, denuncia a "oposición marrullera do PP" e insiste que "en 2027 volverán falar os españois"

EFE/J.J. Guillén
G24.gal 10/06/2026 08:35

Tras a histórica visita do papa ás Cortes Xerais, a Cámara recupera a actividade parlamentaria cun novo cara a cara entre o presidente, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, marcado polas investigacións xudiciais que afectan o PSOE e o Goberno.

"12 sumarios, 17 delitos e case un cento de imputados; e chegou a practicar a delincuencia de Estado para tapalo. Vostede non ten límites", repróchalle o presidente do PP ao xefe do Goberno.

Feijóo: "Ata cando vai estirar este lixo antes de darlles a palabra aos españois?"

Feijóo, cargou duramente contra o xefe do Executivo polo seu "gestapillo" no coñecido como caso Leire e pediulle que dimita e non "estire este lixo", en referencia ao caso Ábalos e á recente imputación de Zapatero.

Tras lembrarlle a Sánchez que "se pode pecar por obra ou omisión" e dirixirse a el como "P. S." vólvelle pedir que dimita: "Se o sabía todo, terá que dimitir por corrupción, e se non o sabía, por incompentencia" e pregúntalle: "Non se cansa de tomarlles o pelo aos españois?".

Sánchez denuncia a "oposición marrullera do PP" e afirma: "O pobo falou en 2023 e en 2027 falarán de novo os españois"

Sánchez asume os erros, "pero nunca asumirei a hipocrisía do partido da Púnica, a Gürtel e a Kitchen". Critica que o PP leve oito anos pedindo eleccións, e lembrou que a Constitución fixa catro anos de mandato. Por iso, dixo que seguirán gobernando ata 2027 e "moito máis alá" se queren os españois.

"Todos os anos solicita eleccións. O pobo falou en 2023 e en 2027 falarán de novo os españois. O problema non é que o pobo non ten voz. O problema é que vostede non ten voz propia. É a voz dos seus amos".

Bildu esixe a Sánchez que depure responsabilidades tras os últimos casos de corrupción: "Limitarse a resistir será un fracaso asegurado"

A portavoz de Bildu no Congreso, Mertxe Aizpurua, esixiu este mércores ao presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, que aclare e depure responsabilidades polas irregularidades que afectan ao seu partido e que dote dun "sentido" ao que resta de lexislatura, abordando asuntos sociais pendentes e avanzando na plurinacionalidade.

"Se quere esgotar a lexislatura, debe demostrar para que, debe dotala dun propósito. E iso pasa por acelerar as transformacións sociais pendentes que non son poucas, por avanzar en dereitos e liberdades e por asumir dunha vez a realidade plurinacional e abordar a democratización do Estado desde o respecto ás nosas nacións e os nosos dereitos", abundou. Segundo dixo, "limitarse a resistir será un fracaso asegurado".

Aizpurua admitiu que o Executivo atravesa un "momento difícil", dixo que queren ser "moi prudentes" porque saben que "a Garda Civil, a Policía e a Xudicatura fabrican informes e sumarios para operacións políticas", pero exhortan a Sánchez a exercer a súa "responsabilidade" poñendo fin á "parálise" do Executivo e recuperando a axenda política, social e plurinacional" para a que foi investido xefe do Executivo.

Rufián avisa a Sánchez que responder con "E ti máis'' ante os casos de corrupción supón asumir "E eu tamén"

O portavoz de Esquerra Republicana (ERC) no Congreso, Gabriel Rufián, aconselloulle ao presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, non responder con "E ti mais" ás acusacións de corrupción porque iso supón recoñecer o "E eu tamén". Así o explicou Rufián na rede social 'X' tras escoitar o debate entre Sánchez e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, no Congreso. 

Nos corredores do Congreso, Rufián dá veracidade ao contido da axenda da exmilitante socialista, Leire Díez, igual que no seu día deu veracidade aos papeis de Bárcenas.

"Ao final estamos fronte á cutrez das cloacas ou malas praxes, sendo xeneroso, do PSOE, e certa profesionalidade das cloacas ou malas praxes do PP", resumiu o independentista catalán, quen insistiu en que o límite do seu apoio a Sánchez segue sendo o financiamento ilegal.

"Parécenos o coherente", dixo Rufián, lembrando que no seu día xa dixeron a Sánchez que non lles fixesen escoller entre corruptos "cutres ou premium", senón que se repartisen "as cartas outra vez".

O pleno arrincou cun minuto de silencio en memoria de Victoria e Patricia, as últimas vítimas da violencia machista asasinadas recentemente en Málaga e Alacant.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade