Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sergio Vallejo competirá no Rally Dakar 2023

Sergio Vallejo competirá no Rally Dakar 2023

Participará como piloto dun buggie da categoría T1

G24.gal 02/11/2022 18:51

O piloto lucense Sergio Vallejo competirá no Rally Dakar 2023. Farao conducindo un buggie na categoría T1. Compartirá viaxe co tamén lucense Mario G. Tomé, que será o seu copiloto.

Nas últimas edicións acompañou o seu irmán Diego como parte do equipo que participou na categoría de coches, pero o día 31 de decembro deste 2022 estará a carón do Mar Vermello para disputar a proba máis extrema e coñecida do mundo.

Serán quince días de competición, que rematarán na localidade de Damman despois de 5.000 quilómetros cronometrados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade