O Celta acada a primeira vitoria da Liga en Balaídos diante do Athletic (2-0)
O partido resolveuse na segunda metade, grazas ao acerto goleador de Williot Swedberg e Jones El-Abdellaoui
O Celta volve gañar na casa 7 meses despois, e encadea dous triunfos para colocarse no 8º posto
Minuto a minuto
Ás 16:15h comeza o partido de Balaídos. Celta-Athletic de Bilbao. Os de Claudio Giráldez chegaban ao estadio coa idea de acadaren a primeira vitoria Liga como locais, que lles sirva para encadear dous triunfos e dar un chimpo na táboa
Xa coñecemos o XI titular do Celta para o partido
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaAthletic ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/dUtwuZWtpI
— Celta (@RCCelta) December 14, 2025
E este é o XI do Athletic
✊ 𝗔𝗟𝗜𝗡𝗘𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 🆚 @RCCelta
— Athletic Club (@AthleticClub) December 14, 2025
Hiru puntuen bila, lehoiak!#CeltaAthletic #AthleticClub 🦁 pic.twitter.com/PcxjEVzIGc
Comeza o partido en Balaídos!!!
Centro con perigo de Berenguer que atrapa con seguridade Radu
Recupera Sancet, sérvelle o balón a Guruzeta, e o remate deste rexéitao a córner Starfelt
Tiro lonxano de Berenguer, e para Radu con seguridade
A primeira do Celta, nun pase en profundidade a Williot, que regatea e remata. Crúzase Paredes no último momento para despexar o perigo
Final da primeira metade en Balaídos. Celta 0-0 Athletic
Comeza a segunda metade en Balaídos co empate a 0 inicial
GOOOOOOOOOOOOOOL do CEEEELTA!!!!! Bo ataque dos vigueses, con pasecara a dereita a Javi Rueda, e o centro de primeiras deste cabcéao á rede Williot Swedberg.!! Celta 1-0 Athletic
E outra clara do Celta!!Balón en profundidade para Jones El-Abdellaoui, que entrara no descanso, pero remata desviado no man a man
GOOOOOOOOOOOOL do CEEEEELTA!!!! Á segunda non perdoou. Volve recibir en profundidade El-Abdellaoui, e desta volta non perdfoa. Marca o segundo sobre a saída de Unai Simón. Celta 2-0 Athletic
Penalti a prol do Athletic. Chegou tarde Carreira a unha disputa con Iñaki Williams, e Hernández Hernández, despois de consulta co Var, sinala a pena máxima
PAROOOOOU RADUUUUU!!!! Adiviñoulle a intención a Nico Williams o porteiro romanés e detivo o lanzamento en dous tempos!!!
Centro desde a dereita do ataque do Athletic, e remata Selton ás nubes
Remata Izeta desde a dereita, e o balón estrélase no pau de Radu
Ocasión clara do Celta á contra. O balón chégalle a Borja Iglesias e, con Jones adiantado, o santiagués decide rematar. O balón marcha fóra
FINAAAAAAAL do partido en Balaídos. O Celta acada a primeira vitoria como local nesta liga. Faino encadeando dous triunfos consecutivos, o que lle serve para colocarse no 8º posto da táboa