Sergio Carreira: “Imos deixarnos o que queda e intentar finalizar ao grande”
O Celta qure volver a Europa e pecha a tempada en San Mamés e en Balaídos ante o Sevilla
Sergio Carreira foi elixido como o mellor xogador do Celta de Vigo no mes de abril. O canteirán é unha das pezas máis importantes do cadro dirixido por Claudio Giráldez.
Con 3.330 minutos en 43 partidos o vigués é unha voz autorizada do vestiario. O equipo ten dous partidos por diante para pechar a clasificación a competicións europeas.
"Imos deixarnos o que queda e a intentar finalizar ao grande", avanzou.
O vigués quixo cualificar xa este curso, independentemente do que suceda nestes próximos dez días como moi positiva.
"Dependerá de como acabemos pero a tempada está a ser moi boa, pase o que pase temos que estar orgulloso do traballo feito, de como se deu toda a tempada e oxalá poidamos poñer o sobresaliente cumprindo o último obxectivo que temos a curto prazo".
O Celta pecha a tempada en San Mamés e en Balaídos ante o Sevilla.