Cargando resultados...
Sergio Barcia: "É un derbi e está claro que lle temos ganas"
"O Dépor é un equipazo. Quedaron ás portas do ascenso e este ano van estar tamén"
Foto @RCCelta
G24.gal
20/09/2022 14:05
Última actualización 20/09/2022 14:10
O canteirán do Celta B Sergio Barcia, un dos capitáns do equipo, falou hoxe sobre o inicio de liga do equipo, sobre a súa volta ao club vigués tras tres anos fose e sobre o duelo que lles espera este próximo sábado fronte ao Deportivo en Balaídos:
"É un derbi e está claro que lle temos ganas. O Deportivo é un equipazo que quedou ás portas do ascenso; aínda que veñan de empatar, todos os equipos temos cousas que mellorar nas primeiras xornadas".
Tamén tivo moi boas palabra para o rival:
"O Dépor é un equipazo. Quedaron ás portas do ascenso e este ano van estar tamén"
O derbi será o sábado ás 18:00 horas e poderá verse pola G2 e en g24.gal