Sergi García: "O equipo pode mirar cara arriba porque ten marxe de mellora"
O xogador do Breogán analiza a décima vitoria da temporada

Máis do cincuenta por cento de vitorias no que levamos de curso baloncestista. Sete triunfos sobre o descenso e en postos de play-off polo título. O Breogán suma e segue, tras derrotar ao Girona no Pazo. Alí Sergi García atendeu á Radio Galega
"Claro que somos ACB. Tiñamos dúbidas a principio de temporada, pero o equipo está a facer un bo traballo, pode mirar cara arriba porque temos moita marxe de mellora. Ás veces temos momentos de relaxación ou confianza, pero estivemos moi sólidos. Logo Momirov botou o equipo ás costas, o bo é que cada día un ten o protagonismo. O obxectivo é mirar para o vindeiro partido. Preparamos toda a semana o partido contra Marc Gasol e que faltase quizais nos influíu ao comezo do encontro. Non estivemos cómodos".