Publicador de contidos

Publicador de contidos

Señé: "En defensa debemos seguir mellorando, é algo vital"

Señé: "En defensa debemos seguir mellorando, é algo vital"

O Lugo recupera a Chris Ramos para viaxar a Eivisa

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 29/09/2022 14:27 Última actualización 29/09/2022 14:35

Esta mañá compareceu en sala de prensa Josep Señé. O xogador albivermello respondía as preguntas dos xornalistas a poucos días de disputar o partido correspondente á oitava xornada ligueira fronte á Eivissa O centrocampista catalán incidiu na progresiva mellora do equipo e analizou ao próximo rival do conxunto galego:

"Creo que fomos de menos a máis. Nos últimos partidos viuse un C. D. Lugo distinto, máis sólido, querendo ser protagonistas co balón e combinando distintas formas de atacar".

"Atópome ben, coa confianza do adestrador. Persoalmente, tamén síntome ben, con ganas de seguir axudando".

O que preocupa no Lugo é a mellora defensiva. Non conceder tantas opcións ao rival.

"En ataque vemos porta, pero en defensa debemos seguir mellorando, é algo vital".

O Lugo recupera a Chris Ramos para viaxar a Eivisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade