Publicador de contidos

Publicador de contidos

Semana intensa para os 12.800 estudantes galegos que preparan a ABAU

Semana intensa para os 12.800 estudantes galegos que preparan a ABAU

As probas continuarán co mesmo formato da era covid-19, con máis opcións para as respostas

Moitos alumnos de bacharelato elixen as bibiliotecas galegas estes días para preparar a Abau
G24.gal 31/05/2023 20:29 Última actualización 31/05/2023 20:59

As bibliotecas galegas viven un ritmo frenético. As probas ordinarias de acceso á universidade, ABAU, terán lugar entre o 6 e o 8 de xuño, e case 12.800 mozos de segundo de bacharelato deixan todo de lado para preparalas.

Din que traballan moitas horas e con moitos nervios, pero sempre con optimismo, mesmo coas materias que máis se lles resisten. Por iso hai quen acode tamén a reforzar a súa formación nas academias, porque todos queren lograr o seu obxectivo.

As probas continuarán co mesmo formato da era covid-19, con máis opcións para as respostas. Os alumnos terán exames obrigatorios de cinco materias, e voluntarios de ata catro máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade