Publicador de contidos

Publicador de contidos

Semana de Copas para os equipos masculino e feminino do Liceo

Semana de Copas para os equipos masculino e feminino do Liceo

Arrancan elas, este xoves, fronte ao líder da Liga, o Vilasana

O equipo masculino defende desde o venres o título de campión

G24.gal 04/05/2022 16:57 Última actualización 04/05/2022 17:02

Semana de Copas para os equipos masculino e feminino do Liceo en Lleida. Semana de roxe-roxe, de pelexa polos títulos, a marca da entidade máis laureada do noso deporte. Arrancan elas, este xoves, fronte ao líder da Liga, o Vilasana. Non son favoritas, pero este recentemente ascendido asegura non lle temer a nada

María Sanjurjo: "Imos con moita ilusión e polo título"

Ilusión non lles falta a elas, nin máxima ambición a eles. O equipo masculino defende desde o venres o título de campión acadado o ano pasado na casa

A Copa é o primeiro dos dous títulos que quedan por diante. Inconformistas por natureza, os verdes quéreno todo

Marc Grau: "Non nos poñemos teito, competimos por Liga e Copa"

O sorteo púxolles no camiño da Copa un primeiro oso duro de roer:o Reus. Con eles e con elas estará a Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar