Cargando resultados...
Unha nave abandonada de Oleiros sofre o segundo incendio nun mes
Unha nave abandonada de Oleiros sofre o segundo incendio nun mes
Aparentemente foi intencionado
Os bombeiros empregaron 10.000 litros de auga en sufocar as lapas en dúas horas
G24.gal
19/05/2023 14:23
Parcialmente calcinada. Así quedou unha nave abandonada na zona de Maianca, en Oleiros, tras sufrir un segundo incendio nun mes.
Nela amoreábase diverso material, como ferralla ou pneumáticos, e ata un vehículo. Ao lugar desprazáronse pouco antes da medianoite os bombeiros de Arteixo e tamén o servizo de Emerxencias de Oleiros.
Atoparon varios focos de lume na nave, polo que todo apunta a que foi intencionado. A cuberta de uralita tamén quedou calcinada, polo que agora a nave corre o risco de caída.
Os equipos contraincendios empregaron dez mil litros de auga en sufocar as lapas en algo máis de dúas horas.