Cargando resultados...
Segunda posición para a galega Carolina Rubirosa no Liet Internacional
Quedou a só un punto da vencedora do coñecido como Eurovisión das linguas minoritarias
Un momento da actuación de Carolina Rubirosa
G24.gal
14/05/2022 16:39
Horas antes da celebración de Eurovisión, Dinamarca acolleu o Liet Festival Internacional, coñecido como o Eurovisión das linguas minoritarias.
A representante galega, Carolina Rubirosa, estivo a piques de acadar o primeiro posto. A súa proposta gustou moito e conseguiu 118 puntos, un menos ca os obtidos pola gañadora, a cantante Doria Ousset, que lle outorgou unha segunda vitoria a Córsega.
A intérprete e compositora do Grove, establecida na Coruña, logrou un meritorio segundo posto tras a votación do último membro do xurado. Nos micrófonos da TVG amosaba a súa satisfacción polo resultado acadado na cidade de Tonder.
