Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguen visibles en páxinas webs pornográficas os vídeos gravados na festa da Maruxaina

Seguen visibles en páxinas webs pornográficas os vídeos gravados na festa da Maruxaina

As afectadas teñen identificados oito responsables destes vídeos e reclamarán de novo a colaboración da Xustiza norteamericana

Manifestación en San Cibrao contra a exhibición dos vídeos pornográficos Manifestación en San Cibrao contra a exhibición dos vídeos pornográficos
G24.gal 24/04/2023 12:15

Catro anos despois, algúns dos vídeos das mulleres que foron gravadas sen o seu consentimento na festa da Maruxaina, no verán de 2019 en San Cibrao, seguen sendo visibles en webs de contido pornográfico. As vítimas, 80 mulleres que presentaron denuncia, lamentan a lentitude da instrución xudicial.

O último revés foi a negativa da xustiza dos Estados Unidos a facilitar as direccións IP das persoas que subiron estes vídeos ás redes. Algunhas das mulleres afectadas entraron nesas webs pornográficas de pago e comprobaron que os vídeos seguen alí.

Mulleres ouriñando

Nos vídeos poden verse imaxes de mulleres ouriñando durante a popular festa da Maruxaina. Atoparon tamén vídeos gravados ao parecer polas mesmas persoas en diferentes lugares de Galicia, Asturias e Navarra, con mulleres mantendo relacións sexuais que aparentemente están drogadas.

Din que teñen identificadas ata oito persoas como supostas responsables destes vídeos. Por iso van reclamar de novo a colaboración da xustiza norteamericana. Non perden a esperanza de que a investigación avance e, finalmente, logren dar cos responsables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade