Cargando resultados...
Seguen os problemas para un Coruxo que suma a cuarta derrota seguida
Perdeu por 2-0 no campo do Oviedo Vetusta e leva 465 minutos sen marcar ningún gol
G24.gal
15/10/2023 14:23
Os números do Coruxo están a ser moi preocupantes. Leva catro derrotas consecutivas e xa son cinco as xornadas en que non conseguiu marcar (465 minutos). O último partido perdido foi no campo do Requexón diante do Oviedo Vetusta (2-0).
E iso que o equipo de David de Dios xogou un bo primeiro tempo. Da man de David Añón gozou de dúas boas ocasións pero non atopou o camiño do gol.
Na segunda parte o Oviedo apertou e acabou marcando á saída dunha falta cun remate de Marco Esteban (minuto 63). Dez minutos máis tarde Izan anotaba o gol da matinal asturiana cun gran lanzamento desde a frontal e sentenciaba un cadro moi tocado no aspecto anímico.