Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fazaña do Coruxo coa clasificación para a fase de ascenso á Primeira RFEF

Fazaña do Coruxo coa clasificación para a fase de ascenso á Primeira RFEF

Derrotou a Segoviana por 3-1 e métese no play off como quinto clasificado do Grupo I

G24.gal 03/05/2026 14:23

O Coruxo xogará a fase de ascenso á Primeira Federación despois de gañar o duelo directo diante da Ximnástica Segoviana (3-1) e de aproveitar a derrota do Ávila contra o Fabril. Despois dunha temporada brillante na que o obxectivo inicial era a permanencia o equipo vigués seguirá en competición grazas a unha exhibición de fútbol. 

Os goles de Xavi Cidre e Sola -2- derrotaron unha Segoviana que só reaccionou co gol de Llorente no engadido. Agora agarda o sorteo do luns por un rival que visitará a vindeira fin de semana o campo do Vao na primeira eliminatoria da fase de ascenso. Tamén estará nese sorteo a Unión Deportiva Ourense que rematou a competición no terceiro posto. 

A mala nova para a xornada na Segunda RFEF foi o descenso da Sarriana. Perdeu por 3-4 contra o Raio Cantabria e acaba baixando un ano despois do histórico ascenso contra o Pulpileño murciano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade