CORONAVIRUS
O Sergas notifica un falecemento nunha xornada de aumento dos casos activos
Mantense estable a ocupación hospitalaria
Baixan os novos contaxios detectados

Os casos activos seguen o seu ascenso de forma lixeira pero continua. Hai 530 persoas con coronavirus en Galicia (+6).
Pola súa parte, descenden os novos casos detectados por probas diagnósticas (-5). En total, hai 27 contaxios novos.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 137 (-7)
Vigo: 80 (+1)
Ourense: 115 (+4)
Santiago: 50 (-3)
Lugo: 46 (+8)
Pontevedra: 60 (+1)
Ferrol: 42 (+2)
En canto á ocupación hospitalaria, mantense igual ca onte: 30 persoas hospitalizadas. Hai unha persoa máis en UCI, 6 en total, e unha menos en planta, 24 en total.
Con todo, o Sergas notificou o falecemento dun home de 89 anos que fora diagnosticado por coronavirus. O varón, que presentaba patoloxías previas, faleceu en POVISA, aínda que procedía da Residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo.
Con estes datos, o número de vítimas por mor do virus ascende a 2.653 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Mapas de incidencia por concellos