Cargando resultados...
Seguen as sabotaxes á recollida de lixo na Coruña cun segundo camión queimado
O lixo amoréase nas rúas por mor do conflito laboral entre a empresa e os traballadores
G24.gal
26/02/2022 12:02
Empeora o conflito do lixo na Coruña. Houbo esta noite unha nova sabotaxe a un camión de recollida, que apareceu totalmente calcinado no paseo marítimo, á altura da Torre de Hércules.
Sería o segundo camión queimado, na que foi a cuarta noite consecutiva con incidentes deste tipo. A outros picáronlles as rodas e rompéronlles os cristais. Mentres, na rúa amoréase o lixo, e todo en plena negociación laboral entre a empresa de recollida e o comité.