Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seco advirte o PSdeG de que non entregará a súa acta e non descarta ir aos tribunais

Seco advirte o PSdeG de que non entregará a súa acta e non descarta ir aos tribunais

"Non vou abandonar as miñas responsabilidades outorgadas pola cidadanía", asegura o deputado socialista

EFE 21/11/2022 12:26

O deputado do PSdeG Martín Seco, ao que se lle abriu un expediente disciplinario por parte da dirección do partido, avanzou este luns que non entregará a súa acta de deputado e non descarta acudir á “xustiza ordinaria” para evitar a suspensión cautelar de militancia que lle pide a dirección.

“Eu non vou abandonar as miñas responsabilidades outorgadas pola cidadanía da Coruña e de toda Galicia para ser deputado”, explicou Seco que insistiu, en declaracións aos medios de comunicación nos corredores da cámara, que acabará a lexislatura como parlamentario.

Seco fixo estas declaracións despois de que o propio líder do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu este mañá o informe de expulsión contra el e apoiado expresamente ao que asina o expediente, o secretario de Organización, José Manuel Lage. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade