Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sebas Moyano: "Estamos tranquilos, pero hai que ter máis efectividade na área"

Sebas Moyano: "Estamos tranquilos, pero hai que ter máis efectividade na área"

Sobre o Andorra de Piqué: "O rival asóciase ben, sabemos que está en bo momento"

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 17/11/2022 15:58 Última actualización 17/11/2022 16:04

Tras a sesión de adestramento do Lugo, quenda en sala de prensa para Sebas Moyano. O xogador albivermello analizou o encontro desta xornada fronte ao Andorra:

"O Andorra asóciase ben, sabemos que están en bo momento. Trataremos de usar as nosas armas e conseguir o partido que buscamos".

A nivel persoal, amosouse bastante satisfeito: 

"Estou contento por achegar ao equipo. Tiven opcións para facer máis goles, pero estou feliz e con ganas de seguir sumando".

O Lugo é un equipo que fai ocasións, pero fáltalle o acerto nas áreas: 

"Estamos tranquilos, pero hai que ter máis efectividade. Son épocas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar