Publicador de contidos

Publicador de contidos

Scaloni insiste: "Algún día volverei para adestrar o Deportivo"

Scaloni insiste: "Algún día volverei para adestrar o Deportivo"

G24.gal 10/05/2023 19:07

O Deportivo atópase nunha situación complicada para saír da Primeira Federación, moi lonxe dos postos que ocupaba cando Scaloni xogaba na banda dereita deportivista. O exxogador branquiazul e seleccionador arxentino deu unha conferencia en que enviou ánimos á afección deportivista neste tramo final da temporada e volveu insistir en que algún día volverá ao Dépor.

"Como non vou volver? Seguro. Non sei cando, pero si a xente da Coruña quere, volverei. Máis aló da categoría en que se atope sempre será o Deportivo", asegurou Scaloni.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar