O aeroporto Rosalía de Castro recupera destinos europeos que perdera no inverno
O aeroporto Rosalía de Castro recupera destinos europeos que perdera no inverno
O aeródromo compostelán recupera durante a tempada estival 6 rutas internacionais
En total haberá conexión directa con 13 cidades europeas
No panel de hoxe pódese comprobar que os voos internacionais brillan pola súa ausencia. Durante o inverno as compañías aéreas cancelaron moitas destas rutas. Pero agora que comeza para eles a temporada estival poderemos velas de novo aterrando en Galicia. Este mesmo sábado Santiago volver tender pontes con Frankfurt e Zürich.
"Debería haber máis, penso eu, vaia, para non perder esa conexión co resto do mundo"; "É un servizo interesante para todos en todas as épocas do ano non só nas épocas de vacacións", comentan varios pasaxeiros.
O que máis celebran os viaxeiros son os voos directos.
Con vistas ao verán Santiago vai ir recuperando 6 rutas perdidas e haberá algunha nova coma a conexión con Colonia-Bonn. En total estará conectada ata outubro con 13 cidades europeas.
"E bo tanto para ida como para a volta, é dicir, beneficia as cidades ás que viaxas, pero tamén beneficia a Santiago pola xente que chega", comenta un viaxeiro.