Cargando resultados...
Sanitarios militares reforzan os puntos de vacinación en Galicia
Colaboran co Sergas no proceso de inmunización dos galegos en todas as fases
G24.gal
08/01/2022 15:58
Na instalación preparada por Sanidade como lugar de vacinación en Campolongo traballan de maneira conxunta militares e persoal sanitario e administrativo do Sergas. Son visibles nos accesos.
Pero tamén podemos velos nos puntos onde se administran as doses de reforzo.
Os sanitarios militares pertencen á unidades da BRILAT con base en Figueirido. Ademáis de incrementar a capacidade de poñer inxeccións supoñen un alivio na carga de traballo dos enfermeiros galegos para poder gozar dalgún descanso.