Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade prohibirá fumar en vehículos de uso laboral, piscinas públicas, campus e exteriores de salas de festas

Sanidade prohibirá fumar en vehículos de uso laboral, piscinas públicas, campus e exteriores de salas de festas

"Prohibirá fumar nas terrazas porque é unha medida que está avalada pola evidencia científica e por unha ampla maioría da cidadanía, incluídos moitos fumadores", anunciou en exclusiva

A. Pérez Meca/Europa Press
G24.gal 29/05/2025 10:39 Última actualización 29/05/2025 20:53

A nova lei antitabaco que prepara o Goberno non permitirá fumar en vehículos de uso laboral, en centros docentes, incluíndo os espazos ao aire libre, como os patios dos institutos ou os campus universitarios; ademais quedarán libres de fume as instalacións deportivas, as piscinas de uso colectivo, as marquesiñas dos autobuses e os exteriores das salas de festa, segundo afirmou a ministra de Sanidade, Mónica García, á Cadena SER.

O texto, do que se sabía que pretendía ampliar os espazos libres a terrazas e eventos públicos, segundo afirmou a ministra "está pechado". "Prohibirá fumar nas terrazas porque é unha medida que está avalada pola evidencia científica e por unha ampla maioría da cidadanía, incluídos moitos fumadores", anunciou en exclusiva.

Ademais, nun comunicado, a ministra manifestou a vontade do Goberno de avanzar con celeridade neste proceso normativo. "Esperamos que o borrador da lei poida ver a luz pronto e sexa unha realidade canto antes. Cada espazo gañado ao fume do tabaco é un espazo gañado á saúde e á vida", afirmou. O real decreto que desenvolve esta regulación xa foi remitido ao marco europeo para a súa avaliación e alegacións, que se esperan para finais de xullo. "Sempre o dixemos: é a hora de ser ambiciosos na loita contra o tabaquismo, unha das principais ameazas para a saúde pública que causa o 30 % dos cancros", sinalou.

Unha estratexia coherente coa protección da saúde

A reforma legal intégrase nunha estratexia nacional máis ampla de loita contra o tabaquismo. Esta inclúe o financiamento de tratamentos para deixar de fumar desde o Sistema Nacional de Saúde, a regulación e control de novos dispositivos de consumo, e o incremento da fiscalidade sobre produtos relacionados co tabaco.

Así, cigarros electrónicos e dispositivos de tabaco quentado serán equiparados normativamente ao tabaco convencional en canto a restricións de uso en espazos públicos. O Ministerio de Sanidade destaca que este avance normativo enmárcase no traballo realizado xuntamente con outros Estados membros da Unión Europea, a través do Consello de Ministros de Saúde.

As medidas adoptadas alíñanse coas recomendacións internacionais para a creación de contornas máis seguras, e reforzan o compromiso de España coa protección do dereito á saúde e a prevención do cancro e outras enfermidades crónicas asociadas ao tabaquismo

Doutra banda, este mércores o director xeral de Saúde Pública e Equidade en Saúde do Ministerio de Sanidade, Pedro Gullón, anunciou este mércores que o empaquetado xenérico estará incluído na reforma da lei antitabaco, unha medida que foi eliminada do proxecto de Real Decreto enviado a Bruxelas para regular certos produtos relacionados co tabaco como cigarros electrónicos, produtos a base de herbas quentadas ou bolsas de nicotina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade