Cargando resultados...
Sanidade pide extremar as precaucións nas celebracións do Entroido
As recomendacións pasan por usar máscara sempre nos interiores e nos exteriores cando non se poida gardar a distancia de seguridade
G24.gal
11/02/2022 17:32
Sanidade pide extremar as precaucións nas celebracións do Entroido para non botar por terra a boa evolución epidemiolóxica.
Aínda que faltan quince días esta fin de semana xa hai citas multitudinarias na provincia de Ourense. As recomendacións pasan por usar máscara sempre nos interiores e nos exteriores cando non se poida gardar a distancia.
Os concellos deben facer un uso correcto dos espazos que congreguen moitas persoas e para participar na maioría dos eventos é preciso contar co certificado covid.